CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A TVG presentou o capítulo clave de 'Lobos e cordeiros', que desvela a identidade de Pepa a Loba e que se emitirá o luns

11/02/2019

Resolto o dato decisivo na trama da serie, ao darse a coñecer quen é o personaxe que representa a coñecida bandoleira.

A TVG presentou o capítulo clave de 'Lobos e cordeiros', que desvela a identidade de Pepa a Loba e que se emitirá o luns

Santiago, 12.02.2019.-  Televisión de Galicia presentou en Compostela un capítulo clave da súa serie de ficción 'Lobos e cordeiros', cunha proxección no Auditorio Abanca en que se desvelou un dato vital no nó da trama: que personaxe é a bandoleira Pepa a Loba. A exhibición contou coa presenza do elenco da serie e dalgúns dos rostros máis coñecidos da canle pública galega. O capítulo será emitido o luns 18 na TVG.

'Lobos e cordeiros', que se emite os luns na TVG, é unha serie de época que narra a vida en Galicia a finais do século XIX, a través da historia de tres familias: os fidalgos, co marqués á fronte; a familia de médicos chegada de Madrid e os campesiños e criados. Cun pazo e un spa como escenarios, a trama está chea de intriga, de segredos e de amores imposibles entre clases, aderezada cunha homenaxe a Pepa a Loba, a última bandoleira europea.

Esta produción de Galiwood para a Televisión de Galicia conta con Giselle Llanio e Manuel Espiñeira na dirección, e con máis dunha vintena de personaxes no elenco principal, que encabeza Luís Iglesia, Miquel Insua, Susana Sampedro, Sabela Arán, César Cambeiro, Camila Bossa, Josito Porto, Adrián Ríos, Desiré Pillado, Sara Sanz, Simón de la Torre, e Nacho Nugo, entre outros.