CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Do forno á mesa, os 'Larpeiros' convértense nos reis do pan e das empanadas

12/02/2019

O programa ofrece hoxe unha variada proposta de receitas, composta por empanada de bacallau con pasas, pescada ao forno con pementos e broa, e empanada doce de crema e pexegos

Do forno á mesa, os 'Larpeiros' convértense nos reis do pan e das empanadas

Santiago, 12.02.2019.-   Neste programa de ‘Larpeiros’ (22.10 h.), o pan e as empanadas estarán no centro da cociña e da mesa, como lles corresponde aos auténticos larpeiros galegos.

Arredor do pan e das empanadas, os comensais de ‘Larpeiros’ argallaron grandes días de festa. Pero, probablemente, ningún coma este: Adrián visitará unha panadería na Estrada famosa polas súas empanadas, onde preparará unha de bacallau con pasas; Merchi fará unha empanada doce de crema e pexegos, e Benigno e Lola unirán os seus talentos para facer unha pescada ao forno con pementos e pan de broa.

E por se todo isto fose pouco, o acompañamento será un puré con espinacas, que deixará coa boca aberta máis dun. Coma sempre, nesta nova edición do ‘Larpeiros’ non faltará música, festa e moitas risas!