CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Marcial Mouzo realiza esta madrugada 'Pensando en Ti', en directo, desde a 30 Feira do Mel do Valadouro

11/10/2017

Desde a Casa da Cultura, o programa da Radio Galega contará coas actuacións do cantautor Miro Casabella e coa colaboración do versátil Isi

Marcial Mouzo realiza esta madrugada 'Pensando en Ti', en directo, desde a 30 Feira do Mel do Valadouro

Santiago, 11.10.2017.- Marcial Mouzo retoma esta noite o contacto coa rúa ao realizar esta madrugada, en directo, o programa 'Pensando en Ti' desde a Casa da Cultura do Valadouro, con motivo da trixésima edición da Feira do Mel.

De 2.00 a 6.00 horas, o espazo máis noctámbulo da Radio Galega baseado na interacción continua cos oíntes, dará conta das actividades e propostas que hai dispoñibles nesta cita consolidada, en que hai instaladas máis de 30 casetas destinadas a apicultores e artesáns.

No transcurso desta edición especial, o presentador contará hoxe nos micros coa presenza do cantautor Miro Casabella, que interpretará algúns dos seus temas máis recentes. O colaborador da emisora pública galega, o versátil Isi, tamén contribuirá a animar o programa coas súas intervencións.