CRTVG

Buscar

Está pasando

6 mortos nun ataque nun complexo turístico de Bamako

19/06/2017 02:39

Un ataque perpetrado supostamente por xihadistas contra un complexo turístico de luxo preto da capital de Malí sáldase con polo menos seis mortos. É o que sinalan fontes policiais, que explican que os falecidos son un soldado maliense e cinco estranxeiros: descoñécese se civís ou militares, xa que o hotel é moi popular entre os membros da Minusma, a misión da ONU no país africano.

As testemuñas contan que un grupo de polo menos catro homes comezou a disparar a tódolos que estaban na entrada do complexo tras berrar "Alá é grande". O Goberno fala de "varios individuos armados, seguramente terroristas", que acabaron fuxindo ao chegar reforzos policiais. Ninguén reivindicou polo momento a acción, pero vai na liña das perpetradas nos últimos anos por grupos xihadistas en toda a rexión do Sahel en lugares frecuentados por occidentais.