CRTVG

Buscar

Está pasando

Elévase a setenta e nove o número de mortos no incendio do rañaceos de Londres

19/06/2017 12:43

A Policía Metropolitana de Londres confirma que 79 persoas morreron ou están desaparecidas a consecuencia do incendio que se declarou o xoves pasado nunha torre de vivendas da capital británica.

A policía advirte de que a cifra aínda pode variar porque continúan buscando corpos no edificio de 24 andares. Das 79 persoas falecidas, só cinco están formalmente identificadas.