CRTVG

Buscar

Está pasando

May fala de posible ataque terrorista e o Consello Musulmán de islamofobia

19/06/2017 07:07

A primeira ministra británica di que a policía trata o atropelo masivo no norte de Londres como un posible "ataque terrorista". A premier vai presidir hoxe unha reunión do Comité de Urxencia,
formado polos principais ministros e representantes das forzas da orde do país. Theresa May trasladoulles, vía comunicado, a súa solidariedade ás vítimas e ás súas familias. Solidaridade tamén amosaba, a través de Twitter, o líder laborista, Jeremy Corbyn.

Desde o Consello Musulmán do Reino Unido falan de violenta manifestación de islamofobia, e urxen as autoridades a reforzar a seguridade nas mesquitas do país. Destacan que a comunidade leva meses tendo que soportar moitas manifestacións de islamofobia e lembran que reclaman desde hai anos máis medidas para atallar o aumento dos delitos de odio.