CRTVG

Buscar

Está pasando

Un morto na Coruña por un escape de gas

19/06/2017 11:45

Na Coruña, esta noite faleceu un home despois de producirse un escape de gas na súa vivenda.

A policía investiga as causas desta morte, pero todo apunta a que se debeu a un escape de gas procedente dunha bombona.

Foi sobre as 9 da tarde cando un veciño alertaba do cheiro a gas que saía do domicilio do agora falecido. O suceso foi na rúa Antonio Ríos. A persoa que deu a voz de alarma díxolle ao persoal que chamaban pero que non respondía ninguén. Así, unha dotación do parque de Bomberos, Urxencias Médicas e axentes da Policía Local achegáronse á vivenda e atoparon no interior da vivenda o cadáver. Os servizos sanitarios só puideron certificar o falecemento do home.