CRTVG

Buscar

Está pasando

Véndense os primeiros bonitos en Burela

19/06/2017 13:23

Na lonxa de Burela venderon hoxe os primeiros peixes da campaña do bonito.

Catro embarcacións vascas descargaron 11.200 quilos de túnido, que acadou un prezo medio de case 9 euros e un máximo de máis de 11 euros. Cifras que armadores de Burela consideran satisfactorias, á espera de ver como se desenvolve a costeira en canto a volume de capturas en xeral.