CRTVG

Buscar

Está pasando

Viaxando cara a Ferrol e Pontevedra os pasaxeiros dos Alvia detidos en Castrelo

19/06/2017 00:52

Renfe confírmanos que a esta hora están viaxando cara a Ferrol os pasaxeiros do tren Alvia que cubría o traxecto entre Alacante e a cidade departamental e que quedou parado á altura da vila ourensá da Mezquita porque se quentou a máquina. Fano noutro convoi, cun atraso de case 5 horas e tras soportar altísimas temperaturas sen aire acondicionado, que non funcionaba. Xa chegaron a destino, tamén con cinco horas de atraso os que, nese mesmo tren avariado, se dirixían á cidade das Burgas.

Renfe dispuxo nun principio que outro Alvia que cubría o traxecto entre Madrid e Pontevedra remolcase o avariado ata a estación de Ourense, pero os dous convois tiveron que deterse en Castrelo do Val. Os viaxeiros que se dirixían cara a Pontevedra reemprenderon camiño, no seu caso, cun atraso de dúas horas.