CRTVG

Buscar

A alcaldesa de Sarria denuncia un boicot da dirección provincial do PSdeG

Publicado o 12/02/2019 16:17

En Sarria, a alcaldesa, do PSdeG, denuncia boicot da dirección provincial do partido. Di que están torpeando a súa candidatura. Pilar López xa lle remitiu a súa denuncia a Ferraz.

Pilar López quere optar á reelección como alcaldesa de Sarria, pero di que o PSdeG non lle permite votar en asemblea a súa candidatura porque ten que presentar unha lista completa. López remitiu un novo escrito á dirección federal ao considerarse agraviada polo secretario provincial, Álvaro Santos. Di que noutros concellos non houbo esta esixencia, e sospeita que no fondo poidan querer outro candidato. 

Pilar López, alcaldesa de Sarria: "Se hai dúas candidaturas, a miña e a outra, iremos a votación, e o que digan os militantes de Sarria. O que non se pode é facer iso co regulamento, é unha inxustiza. Se no regulamento pon que hai que levar lista completa, levarei lista completa. Pero eu e todos, non só eu".

Na dirección do PSdeG en Lugo non queren facer declaracións, pero afirman que a presentación de candidaturas completas é obrigatoria en todas as agrupacións desde o pasado 14 de xaneiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019