CRTVG

Buscar

A Garda Civil reforza a seguridade no Camiño de Santiago con 1.070 axentes

Publicado o 15/04/2019 16:33

As medidas de seguridade no Camiño de Santiago vanse incrementar nesta Semana Santa e no período estival. Se ben é certo que o operativo de seguridade nos diferentes camiños a Compostela está en servizo todo o ano, nos momentos de máis concentración de peregrinos, como a Semana Santa e o intervalo entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, vaise ver reforzada a presenza da Garda Civil.

Axentes de Seguridade Cidadá, do Escuadrón de Cabalería, do SEPRONA, da Unidade Canina, da Agrupación de Tráfico e da Unidade de Helicópteros van estar presentes cos seus equipos por todas as rutas xacobeas para reforzar as unidades que xa están presentes todo o ano nos diferentes postos do corpo armado.

O obxectivo da Delegación do Goberno, que presentou esta mañá o plan, é o de reducir ao mínimo as incidencias no Camiño.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019