CRTVG

Buscar

A manobra de Heimlich: a técnica máis efectiva en casos de atragoamento

Publicado o 15/04/2019 16:20

Un veciño de Carnota e un neno da localidade catalá de Olot morreron atragoados esta fin de semana. Esta é unha das causas de morte accidental máis frecuentes, pero son moitísimos máis os casos que se resolven con éxito grazas á manobra de Heimlich. 

Saber reaccionar axiña ante un caso de atragoamento é un factor clave, por iso organizacións sanitarias e asistenciais tentan que cada vez se coñezan mellor intervencións de primeiros auxilios como a manobra de Heimlich, pola súa probada efectividade nestes casos.

Fran domina a técnica porque forma parte da súa formación como monitor de tempo libre, pero ante unha emerxencia sempre recalcan que, domínese ou non, o fundamental é intentalo.

Se un se encontra só, pode axudarse co canto dunha cadeira ou dunha mesa. Pero en calquera caso, é fundamental chamar primeiro a emerxencias. Se é necesario desde a central de coordinación do 061 van dando indicacións, mentres os equipos de asistencia se dirixen ata o lugar do suceso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019