CRTVG

Buscar

Montero non admite o dereito de autodeterminación ao defender os orzamentos

Publicado o 12/02/2019 21:08

O Goberno afronta un debate de presupostos que a priori parece chamado ao fracaso pola negativa dos independentistas a apoiar a tramitación das contas. Tanto é así que das seis peticións de devolución das contas que se están discutindo na cámara baixa, dúas chegan asinadas por Esquerra Republicana e polo PDeCAT. 

Agás sorpresa maiúscula, os seus votos sumaranse mañá aos de PP e Ciudadanos para tombar este proxecto de presupostos, un escenario que ten moitas probabilidaddes de precipitar a fin da lexislatura. Hoxe volvemos oír os independentistas condicionar o seu apoio a poder falar de autodeterminación e ao Goberno pedíndollle que desligase esa cuestión dunhas contas, segundo a ministra, boas para Cataluña. Con todo, o debate máis tenso tívoo María Jesús Montero con PP e Ciudadanos, que volveron reclamar eleccións inmediatas. Albert Rivera díxolle a Sánchez que a votación de mañá será o seu testamento político. Pablo Casado acusou o executivo de traizoar a Constitucion polas súas negociacións cos separatistas.

Ferrán Bel, PDeCAT: "Retornen ao xoves pola mañá e nós retiraremos a emenda se podemos pechar o pouquiño que facía falla".

Joan Tardá, ERC: "Non seremos capaces de construir un esceario de diálogo e negociacion, cando agora o tiñamos na man? E non foron capaces de aguantar o ballón da dereita".

María Jesús Montero, ministra de Facenda: "Se a tramitación dos presupostos depende de que se acepte falar sobre o que vostedes chaman dereito de autodeterminación sobre Cataluña, adiántolles xa que non haberá presupostos".

Albert Rivera, presidente de Ciudadanos: "Estes presupostos son o testamento político do señor Sánchez, o derradeiro documento que plasma o sanchismo. Equivocáronse, os que queren liquidar España están aí arriba, os que queremos defender a Constitución estamos aquí. E vano pagar nas urnas. Por iso, vostede non ten o que hai que ter para convocar eleccións: dignidade".

María Jesús Montero, ministra de Facenda: "Vostede está vivindo a lombos da crispación, da confrontación. Pero, sabe o peor do que vostede reflicte cada vez que fala, señor Rivera? Que vostede ten unha ansiedade por ser presidente e por chegar á Moncloa".

Pablo Casado, presidente do PP: "Que pretenden? Expadir o gasto, a ver se cola? Darlles de forma asimétrica unha suba de máis do 50 % dos investimentos en Cataluña cando mete unha tesoirada ás de Galicia, as da Rioxa, as da Comunidade de Madrid? Vostedes, e dígoo aquí solemnemente, traizoaron a Constitución española. Convoquen eleccións, marchen".

María Jesús Montero, ministra de Facenda: "Saben onde está o miragre económico do Partido Popular, señor Casado? No cárcere".



















Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019