CRTVG

Buscar

A música e as artes plásticas conectan na exposición Sonoro Empeño

Publicado o 12/01/2019 15:00

Kandisnky relacionaba o azul claro coa sonoridade da frauta e o máis escuro co ton do contrabaixo. O pintor ruso investigou profundamente a relación entre pintura e música na sinfonía de cores das súas creacións. Un dos seus cadros está na exposición Sonoro Empeño, cincuenta obras que conectan dúas disciplinas aparentemente afastadas.

A música do grupo Igual Arte acompañou os visitantes da mostra. A fundación viguesa traballa desde o ano 2002 con persoas con capacidades diferentes utilizando a arte como ferramenta para comunicar, expresar e sentir.

"Eu creo que a música non ten unha cor definida e iso é o bonito. A música vai polo aire e cada un pode tinguila da cor que queira.", comenta o director do centro ocupacional da fundación Igual Arte.
Patricia toca o bombo: "A min encántame a música. Axúdame a sacar as forzas que teño."

Á batería está Roi: "Sempre me fascinou a música. Gústame escoitala, cantala, tocala. Para min a música é moito. Ensíname a seguir adiante." As artes plásticas e a música seguirán pintando sons na sede de AFundación da Coruña ata o dous de marzo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019