CRTVG

Buscar

A polémica rodea aos primeiros Campionatos de Caza de Raposo do ano

Publicado o 12/01/2019 20:46

Os primeiros campionatos de caza do raposo deste ano en Galicia desenvolvéronse rodeados de polémica e ata de dúas supostas agresións, segundo os animalistas. Aínda que autorizados pola Xunta de Galicia, diversos grupos intentaron boicotear os campionatos con chifres e pandeiretas. Dende a Federación Galega de Caza aseguran que lles precintaron con silicona as pechaduras do pabillón da zona de Cerdedo-Cotobade e que lles botaron pemento picante aos cans. Pola súa parte, os activistas denuncian dúas agresións por parte dos cazadores e que a Xunta está incumprindo un acordo parlamentario ao destinar ata 35.000 euros en subvencións ás cacerías.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019