CRTVG

Buscar

Accidente grave no concello ourensán de Porqueira, con catro adultos feridos e dous nenos ilesos

Publicado o 12/01/2019 15:25

Brutal accidente esta mañá no concello ourensán de Porqueira. Dous turismos chocaron frontolateralmente nunha estrada da concentración parcelaria en que os sinistros son frecuentes. Nun dos coches ía un matrimonio maior, o seu fillo, que conducía, e os netos, os tres adultos quedaron feridos graves e, por fortuna, os dous pequechos saíron ilesos.

O condutor do outro turismo, que acabou envorcado nunha parcela, tamén sufriu feridas. A Garda Civil investiga se o turismo en que viaxaba a familia saltou o stop levando por diante o outro coche e o poste da luz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019