CRTVG

Buscar

Algúns disfraces de series e películas de éxito comezan a escasear

Publicado o 12/02/2019 19:13

Nos escaparates conviven estes días complementos para San Valentín e para o Entroido. Cada vez máis se empregan para modernizar disfraces doutros anos. Pero para este ano, o que é tendencia son as series e películas de éxito. E para recrear algúns dos personaxes máis populares, nalgúns establecementos algúns disfraces comezan escasear.

Os que sempre chegan antes, disfrázanse antes. Pero antes de que chegue o Entroido ao resto de Galicia, cómpre achegarse a portais ou establecementos, de venda en liña ou física, para chegar en tempo para mercar co que nos disfrazar.

Raquel Rey, encargada dunha tenda de disfraces: "Disney, Laidy Bang, os de Fornite que acaban de saír agora, Harry Pottertamén. De feito están xa esgotados en almacens, é un pouco imposible, o único a capa, a bufanda. Algúns disfraces comeza a estar esgotados".

"Veño buscar un disfrace en concreto para a miña rapaza que ten 4 anos e quere dunha serie de televisión dunhas xenios que teñen poderes máxicos".

"Nós, a panda de adultos, imos ir de superheroes e veño buscar algo".

Difrazarse de heroínas ou de heroes, replicando fantasías ou que oes. Disfrazarse do que é tendencia ou do que está de moda é o que está de moda e marca tendencia. Un ano máis, de persoeiros ou de personaxes da literatura ou do cinema e, como novidade dos últimos anos, tamén este ano, sobre todo, das series que ven todos... Pero tamén seguen tendo demanda, tamén entre pequenos e entre non tan pequenos, os disfraces máis clásicos ou atemporais.

"O que máis demanda segue tendo entre os adultos é o complemento. A xente trata de aproveitar cousas que xa ten doutros anos pero darlle unha volta, buscar unha orixinalidade, modificando o disfrace para facelo diferenciado".

A mestura e a reciclaxe faise cada vez máis cos disfraces que cada vez máis se fan artesanais, á man ou por encarga. Porque tamén no Entroido o orixinal se fai popular.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019