CRTVG

Buscar

Atraca unha parafarmacia en Vigo armado cun coitelo

Publicado o 12/02/2019 21:59

A policía busca en Vigo un home que atracou unha parafarmacia na cidade armado cun coitelo. O asalto produciuse a plena luz do día nesta farmacia situada no barrio de Coia. O atracador entrou no establecemento, onde non había clientes e só estaba a encargada xunto con dúas empregadas. Fíxose coa recadación do día. 

O atraco tivo lugar nesta parafarmacia situada na rúa Martín Echegaray, en Vigo. Pasaba pouco das doce e media da mañá cando o asaltante entrou no establecemento armado cun coitelo.

No momento do atraco non había clientes e só estaban varias empregadas. Lograron activar a alarma, pero o atracador xa fuxira coa recadación do día, que eran uns 250 euros. A Policía Científica non deu con pegadas nin se recoñeceu a súa identidade nas cámaras de seguridade, pero ten unha descrición. A investigación segue aberta e xa traballan con algunha sospeita.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019