CRTVG

Buscar

Bernardo deixa o Lugo e ficha en Granada

Publicado o 09/01/2019 17:32

Natxo González mantén a Domingos Duarte no equipo, o Lugo prescinde dun dos seus centrais, de Bernardo. O Lugo chegou a un acordo co Granada para o traspaso de Bernardo. Bernardo levaba unha temporada e media no Anxo Carro. Curiosamente, marcha ao equipo que lidera a clasificación de segunda división. O ano pasado xogou trinta e dous partidos. Esta campaña levaba oito presenzas. En Granada coincidirá con Diego Martínez, o técnico vigués que o tivo ás súas ordes no filial do Sevilla.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2019