CRTVG

Buscar

CDR e Arran boicotean un acto de Vox en Barcelona

Publicado o 12/01/2019 21:51

En Barcelona vivíronse esta tarde escenas de tensión. Unhas 400 persoas, convocadas polos CDR e Arran boicotearon un acto de Vox. Guindaron ovos e outros obxectos contra o membro do comité executivo nacional de VOX, Jaume Buxadé. A formación tivo que cambiar de lugar e, finalmente, suspender o encontro con mozos. O dirixente de VOX tivo que ser escoltado ata o seu coche polos Mossos d'Esquadra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019