CRTVG

Buscar

Cinco detidos polo desfalcamento dunha empresa de Pontevedra

Publicado o 10/04/2019 16:08

Cinco empregados da mítica empresa de pinturas de Pontevedra Celso Míguez foron detidos por unha suposta fraude. Estes traballadores, que xa foron despedidos, puideron retirar material para vendelo posteriormente pola súa conta.

O equipo contra o crime organizado da Garda Civil en Galicia estima que o desfalcamento supera os dous millóns de euros. Os detidos, catro persoas da Coruña e unha de Redondela, xa prestaron declaración no xulgado e quedaron en liberdade á espera de xuízo.quedaron en liberdade á espera de xuízo.

Os detidos eran empregados da compañía e moitos deles ostentaban postos de alta responsabilidade. As investigacións iniciáronse a finais de 2018 tras realizarse unha auditoría interna que detectou un déficit de vendas en dúas das dezaoito tendas que ten Celso Míguez en Galicia. Falamos da de Pocomaco na Coruña e dunha próxima ao Porriño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019