CRTVG

Buscar

Os chalecos amarelos seguen tomando París no noveno sábado de disturbios

Publicado o 12/01/2019 20:59

Case 90 persoas foron arrestadas hoxe en Francia, nun novo sábado dos chalecos amarelos no que participaron 32.000 persoas, segundo o Ministerio de Interior. A participación superou algo a da semana pasada e o goberno despregou 80.000 policías e xendarmes en toda Francia para manter a orde pública. Os enfrontamentos máis graves volveron rexistrarse en París, onde a policía lanzou gases lacrimóxenos e fixo uso de canóns de auga. O executivo anunciou que reaccionará impulsando cambios lexislativos para endurecer as sancións polos actos de vandalismo, e para crear un rexistro de alborotadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019