CRTVG

Buscar

Presentan a iniciativa 'O teu Xacobeo', para deseñar unha programación sociocultural que anticipe o evento do 2021

Publicado o 12/01/2019 18:57

Mostras, concertos, libros, relatorios, encontros, actividades gastronómicas ou deportivas... Calquera iniciativa sociocultural pode acollerse a este programa de subvencións, sempre que se desenvolvan en Galicia e promovan, dun ou doutro xeito, o vindeiro ano santo.

'O teu Xacobeo' presentouse este sábado na Cidade da Cultura. Poderán presentarse solicitudes ata o 15 de febreiro deste ano. Os proxectos, que, segundo a convocatoria, deben potenciar os valores e o coñecemento do Camiño de Santiago, teñen que se desenvolver ata o 30 de abril de 2020.

Esta primeira convocatoria abrangue cinco ámbitos subvencionables: o artístico; o de patrimonio-historia-pensamento e espiritualidade; o gastronómico; o deportivo e o social. Os detalles para solicitar estas axudas publicaranse o vindeiro luns no Diario Oficial de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019