CRTVG

Buscar

Desaloxan un edificio do Porriño por un incendio no cuarto de contadores

Publicado o 12/01/2019 14:53

Un incendio orixinado no cuarto de contadores, situado no garaxe, obrigou a desaloxar un edificio de seis andares na parroquia de Torneiros no Porriño. O lume iniciouse ás once da noite e ata preto das tres da mañá non puideron regresar ás súas vivendas. Algúns permaneceron na rúa a moi baixas temperaturas, outros marcharon á casa dalgún familiar.

Unha vez extinguido o lume e ventilado o fume que había en todo o inmoble, os veciños regresaron ás súas vivendas. Moitos deles decidiron marchar porque están sen subministración eléctrica e pode que ata dentro de varios días non teñan luz.

Ata o lugar acudiron os bombeiros do Porriño, Protección Civil, a Policía Local, o 061 e emerxencias de Mos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019