CRTVG

Buscar

Deteñen unha banda de atracadores que consultaba o horóscopo antes de actuar

Publicado o 11/02/2019 16:02

O líder da banda, un contorsionista de 55 anos de nacionalidade romanesa, tiña un particular modus operandi. Adoitaba elixir o día para cometer o atraco despois de consultar o horóscopo. Unha vez fixada a data, desprazábase xunto aos outros tres membros da banda a un local previamente seleccionado, ao que accedían facendo un pequeno burato desde o portal do edificio contiguo. A habilidade de contorsionista do líder facilitáballe o acceso por espazos minúsculos.

Os Mossos d'Esquadra deron con eles tras identificar un dos vehículos todo terreo en que se deprazaba a banda. Detiveron o líder nunha pequena cabana no bosque de Sentmenat, onde os Mossos localizaron un dietario en que anotaba con precisión todas as xestións, planos e rutinas dos empregados do bar antes de levar a cabo o roubo.

Outro responsable do grupo de nacionalidade española foi detido nunha vivenda de Castellar del Vallès. Ambos os dous ingresaron en prisión tras declarar ante o xuíz. Os outros dous detidos, un español e unha muller venezolana, quedaron en liberdade con cargos.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019