CRTVG

Buscar

Jaime Gayá, responsable de Aduanas en Galicia: "Galicia segue tendo actividade de narcotráfico, pero non é a principal porta de Europa"

Publicado o 15/04/2019 12:53

Segundo a memoria da Fiscalía Xeral do Estado que se presentou a finais de 2018, en España incautáronse 41 toneladas de cocaína no ano 2018 e a súa orixe é Colombia. Hai un incremento da superficie cultivada con coca no mundo. Tamén hai un amento do total de droga comisada; os organismos de loita contra a droga interviñeron en total máis de 400 toneladas de haxix, marihuana, cocaína e heroína.

España e os Países Baixos son as portas de entrada da cocaína desde América do Sur e o Magreb é o cooperante necesrio para o narcotráfico en Europa.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico premiou coa Nécora de Ouro o traballo do servizo de Vixilancia Aduaneira de loita contra o tráfico de drogas. Para falar deste asunto, o Bos días entrevista a Jaime Gayá, responsable de Aduanas en Galicia.

"É unha honra que a fundación recoñeza o traballo de todos os funcionarios do servizo marítimo e do servizo aéreo de vixilancia en Galicia. Estamos moi orgullosos deste recoñecemento".

"A situación en Galicia nón é coma hai uns anos. Galicia segue tendo actividade de narcotráfico, pero eu estimo que non é a principal porta de Europa, e moito menos da cocaína. Os datos falan de que a actividade agora se está desenvolvendo nos grandes portos do norte de Europa (Anveres, Rotterdam... e no sur polo haxix".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019