CRTVG

Buscar

Hai 17 parques eólicos en construción en Galicia

Publicado o 15/04/2019 16:17

17 parques en obras e outros cinco en proxecto cun investimento total de case 550 millóns de euros. A previsión é que comecen a funcionar antes de que remate o ano. Hai máis dunha década que as empresas non investían deste maneira en renovables. Os 17 proxectos en marcha suman un total de 395 megawatts e dan emprego a 5.000 persoas que están dedicadas á construción e ao mantemento.

Actualmente, Galicia é a terceira comunidade con máis potencia eólica tras Castela e León e Castela-A Mancha e a produción en Galicia superou o ano pasado os 8.300 megawatts/hora o que supón máis do 25% de toda a produción eléctrica.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019