CRTVG

Buscar

Hugo Mallo non está descartado para o Levante

Publicado o 12/02/2019 19:43

Boas noticias para o Celta. Hugo Mallo non está descartado para xogar ante o Levante. O capitán sofre unha contusión, segundo confirmou o club. Mallo lesionouse ante o Xetafe e temíase que padecese unha escordadura no xeonllo esquerdo. A súa presenza na seguinte cita da liga dependerá da súa evolución. Hoxe adestrouse á marxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019