CRTVG

Buscar

Iglesias promete acabar coa fraude dos contratos temporais

Publicado o 15/04/2019 15:54

Os candidatos galegos de En Común Unidas Podemos, xunto coa navarra Ione Belarra, participaron en Santiago nunha xuntanza con asociacións que traballan contra a ludomanía. Queren limitar a publicidade das casas de apostas e velar especialmente pola súa influencia nos menores.Yolanda Díaz apostou por frear o poder dos fondos boitre que dominan as casas de apostas e fomentan a ludomanía.

En Palma de Mallorca, Pablo Iglesias criticou a precariedade do emprego e comprometeuse a acabar coa fraude de moitos contratos temporais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019