CRTVG

Buscar

Lucas Olaza: "Non o dubidei cando tiven a ocasión"

Publicado o 12/02/2019 19:34

Outra das voces do Celta deste martes é a de Lucas Olaza. O lateral falou da súa recente incorporación ao equipo. Di Olaza que nunca dubidou en aceptar esta segunda oportunidade no club e que agarda axudalo neste treito da competición.

"Non o dubidei para vir aquí, é un gran club xa o coñecía e obviamente os meus obxectivos son tentar axudar o equipo no que máis precise, dar todo coma sempre o tentei e obviamente xogar nunha das ligas máis fortes do mundo é algo que me incentiva a min para poder mellorar e tamén tentar axudar ao Celta. O mellor que teño é o golpeo, o disparo de longa distancia, os centros, e neste último tempo na Arxentina tamén mellorei moito na marca".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019