CRTVG

Buscar

Piden o cambio na política penitenciaria cos presos da ETA

Publicado o 12/01/2019 21:52

Milleiros de persoas manifestáronse esta tarde en Bilbao para esixir un cambio na política penitenciaria cos presos da ETA e reclamar a fin da dispersión. A manifestación, convocada pola iniciativa Orain Presoak e a plataforma cidadá Sare estivo respaldada por EH Bildu e a maioría dos sindicatos.

Baixo o lema "Agora os presos" os convocantes tratan de que o goberno de Sánchez avance na política de excepción aplicada contra os encarcerados abertzales, tal e como se comprometeu no verán. Por primeira vez, Podemos adheriuse a esta cita.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019