CRTVG

Buscar

Martí: "Podemos ser o primeiro equipo en gañarlle ao líder"

Publicado o 12/04/2019 17:52

Asaltar o Sadar. Un desafío de altura que asume Martí con mentalidade gañadora. "De ir polo partido, de acadar os tres puntos, de ser valentes, sabendo que nos enfrontamos a un rival moi potente que está nun gran momento de forma, pero é un desafío moi grande para nós ser o primeiro equipo que lle gaña ao líder nese estadio", di Martí. 

A fórmula non parece ter grandes segredos: "Estar ao nivel que realmente ten este plantel, que mo demostrou no día a día, co cal coido que imos ter moitas posibilidades de levar os tres puntos malia as dificultades que nos vai poñer un gran equipo"

Martí non dá por perdido o ascenso directo: "O que si sei é que nós temos potencial para acadar ese obxectivo e imos loitar por el. Ogallá na última xornada sexa así e, se non, a través doutro mecanismo"

O equipo saíu xa para Pamplona por estrada. Non viaxan os mancados Cartabia, Carlos Fernández, Krohn Dehli e David Simón. Tampouco Saúl e Vítor Silva, por decisión técnica. Si o fai Dubarbier, por primeira vez en sete meses.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019