CRTVG

Buscar

A Xunta e os concellos destinan 36 millóns para evitar incendios forestais

Publicado o 15/04/2019 16:59

No mes de maio comezará a limpeza das franxas que rodean as case 700 aldeas consideradas de alto risco de actividade incendiaria, tal e como recolle o convenio asinado pola Xunta, concellos e Seaga. Para incentivar a actividade agrogandeira, escollerán 40 aldeas modelo en que se poñerán en produción as faixas unha vez limpas.

Segundo José González, conselleiro do Medio Rural, isto é prevención duradeira e que xera unha actividade económica rendible. Ademais, esa actividade económica rendible vai permitir fixar poboación no rural.

O Goberno galego poñerá a disposición dos concellos unha aplicación informática para a xestión da biomasa, de forma que se simplificará a xestión de todas as notificacións que teñan que facer aos propietarios. Tamén disporán dun visor que permitirá identificar as parcelas que forman parte das franxas de seguridade.

Di Alfredo García, presidente da FEGAMP que os concellos terán ferramentas para poder localizar todos os propietarios e para que nun prazo razoable todas as franxas estean desbrozadas.

Un proxecto en que se investirán 36 millóns de euros, dos que a Xunta achegará 28 e os concellos os 8 restantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019