CRTVG

Buscar

O Barcelona, primeiro finalista da Copa do Rei tras vencer no Bernabeu (0-3)

Publicado o 28/02/2019 08:02

O F. C. Barcelona converteuse no primeiro equipo da historia que disputa seis finais de Copa do Rei consecutivas, tras conquistar o Santiago Bernabeu a base de pegada no segundo acto, castigando a falta de puntería do Real Madrid cun dobrete de Luís Suárez e gol en propia porta de Varane.

O Real Madrid perdoou na primeira parte da volta de semifinais da Copa do Rei (1-1 na ida), con ata catro ocasiones para marcar do brasileiro Vinicius Junior, e esborrallouse na segunda en canto recibiu o primeiro golpe do Barcelona aos 50 minutos.

Dembélé foi clave aparecendo polas dúas bandas para desequilibrar e asistir a Luís Suárez no primeiro e provocar o gol en propia porta de Raphael Varane no 69. O broche á goleada barcelonista poñíao Luís Suárez de penalti, tras ser derrubado por Casemiro que mostrou a impotencia madridista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019