CRTVG

Buscar

O Celta recorre a expulsión de Maxi

Publicado o 11/02/2019 17:10

O Celta segue amolado pola arbitraxe sufrida en Xetafe, pero prefire pasar páxina e centrarse xa no choque do próximo sábado ante o Levante. E agora os esforzos pasan por recuperar a Maxi Gómez. O Celta vai presentar alegacións ante o Comité de Competición contra o segundo cartón marelo que o colexiado Pablo González Fuertes lle amosou a Maxi. Entende o Celta que a actitude de Maxi, sen insulto nin menosprezo, non pode ser castigasda cunha expulsión que condicionou todo o partido. Para afrontar a finalísima do Levante, o Celta quere contar con Aspas e Maxi Gómez. Veremos se o recurso prospera.

Pero a indignación do Celta co colexiado continúa. Onte o Celta sacou un segundo comunicado. Di que, tras unha pausada reflexión, quere amosar o seu absoluto desconcerto e malestar pola arbitraxe. Entende tamén que a gravidade é maior pola mala ou nula utilización do VAR. O Celta protesta por catro accións. O penalti de Hugo Mallo, o seu gol anulado, a expulsión de Maxi e a man dentro da área de Flamini.





 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019