CRTVG

Buscar

O corpo atopado nun conxelador en Madrid é da moza do acusado polo crime

Publicado o 12/02/2019 18:44

O corpo atopado despezado nun conxelador en Alcalá de Henares é o dunha muller de 22 anos de orixe rusa e moza do home que está detido como suposto autor do crime. A autopsia tivo que atrasarse porque os restos atopados estaban conxelados e houbo que agardar a que se puidese traballar sobre eles.

A moza sería Daría, unha muller rusa de 22 anos que tivo unha relación con Manuel, o home de 42 anos que está en prisión preventiva a raíz do achado. A análise preliminar dos restos revela que puido ser asasinada hai máis dun ano. O caso lévao o Xulgado de Instrucción número 2 de Alcalá de Henares.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019