CRTVG

Buscar

O Lugo paga caro o seu desacerto ante o Zaragoza

Publicado o 11/02/2019 17:15

Máis delicada é a situación do CD Lugo. Tras perder ante o Zaragoza, o equipo queda a tres puntos dun descenso que agora marca o Estremadura. De novo, o Lugo non soubo sacar proveito dun partido en que tomou a dianteira co gol de Carlos Pita. Na segunda metade empatou Linares para o Zaragoza. O Lugo puido marcar de novo. Incrible o erro de Manu Barreiro, e o que perdoa, acaba pagándoo caro. Gutián nesta acción dáballe os tres puntos a un Zaragoza que colle folgos.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019