CRTVG

Buscar

Durante o sábado houbo rexistros na vivenda e no terreo familiar en busca da arma homicida

Publicado o 13/01/2019 12:04

 

 

O presunto parricida de Sárdoma, en Vigo, dará a súa versión dos feitos ao xuíz. Os investigadores teñen a confesión do presunto autor da morte pero fáltanlles detalles. A Policía aínda non ten claro nin cando nin onde se produciu a morte do ancián. O acusado declarou que matou o pai nun arrebato durante unha discusión.

Manuel Alonso, de 43 anos, é o único acusado pola morte do seu pai, tamén Manuel Alonso de 81 anos. Pola mañá vimos o presunto parricida, autor confeso da morte do seu pai, no rexistro da suposta escena do crime. Estaba acompañado polo seu letrado. Porque entre as incógnitas nas que aínda traballan os investigadores están o cando e o onde.

O acusado declarou que o matou nun arrebato durante unha discusión. O móbil económico, co que o presunto parricida tentou desviar a investigación, o día despois de aparecer o cadáver, queda desbotado. A hipótese que manexa a investigación é que Manuel, de 81 anos, viúvo desde novembro, morreu despois de recibir varios golpes na cabeza. A autopsia preliminar fala de morte por traumatismo cranioencefálico.

Falta dar coa arma asasina ou homicida, xa que o delito está sen cualificar aínda. Cren que despois de golpealo el mesmo o levou ao lugar onde apareceu o cadáver sen axuda de ninguén. Ao non haber pegadas de arrastre cren que levou o corpo nunha carretilla.

Entre as dúas vivendas hai un acceso directo ao río Lagares, á zona de monte onde apareceu o ancián. Levaba posto un chaquetón de inverno, tiña os pés atados cun cinto, estaba envolto con bolsas plásticas e trapos e tapado por canas e maleza.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2019