CRTVG

Buscar

O PSdeG reprocha ao PPdeG que "abandone o centro político"

Publicado o 12/01/2019 14:18

O PSdeG reuniu este mediodía en Santiago a súa Executiva para marcar as liñas de traballo para o 2019 e coa ollada posta nas eleccións municipais.

O secretario xeral dos socialistas galegos, en rolda de prensa, reprochou ao presidente da Xunta o respaldo amosado hoxe en Compostela a candidatos do PPdeG que manifestaron a súa disposición a pactar con Vox nos vindeiros comicios. Gonzalo Caballero reivindicou o PSdeG como "forza solvente e estable" capaz de "captar o centro político", dixo, desde unha "esquerda reformista moderada".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019