CRTVG

Buscar

O Supremo ordena volver investigar o xuíz do caso de Isabel Fuentes

Publicado o 12/02/2019 18:51

Finalmente, o Tribunal Supremo reabre o expediente á xuíza que levou o caso do crime de Isabel Fuentes.

A sala do contencioso estimou así a demanda da familia, que pensa que a xuíza non puxo, en ningún momento, o foco sobre o marido, en contra dos informes da Garda Civil, que consideraban xa o primeiro ataque como violencia machista. A familia di que non houbo restricións nas súas visitas ao hospital e que, se as houbese, podería evitarse a súa morte.

Dentro duns días notificarán a resolución e saberemos cales son as probas solicitadas pola familia que se practican.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019