CRTVG

Buscar

O Valencia xogará a final de Copa ante o Barcelona (1-0)

Publicado o 28/02/2019 23:55

O Valencia xogará a final da Copa do Rei ante o Barcelona tras o seu triunfo por 1-0 no partido de volta da semifinal co Real Betis en Mestalla. Un gol de Rodrigo Moreno no minuto 56 deulle a vitoria ao Valencia no segundo partido da serie despois de que no duelo de ida empataran a dous goles no campo do Betis.

A final entre barcelonistas e valencianistas disputarase o próximo 25 de maio en Sevilla, no estadio Benito Villamarín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019