CRTVG

Buscar

Os hoteis de Vilalba colgan o cartel de completo a dous meses do FIV

Publicado o 12/02/2019 16:43

Se xa en novembro se esgotaran en cuestión de minutos as dúas primeiras cotas de abonos que se puxeron á venda para o FIV, agora son os hoteis os que colgan o cartel de completo.

Segundo os datos ofrecidos pola organización, o FIV de Vilalba ten un custo de 250.000 euros que reverte positivamente no concello, xa que o retorno económico se estima nos 400.000.

Unhas 8.000 persoas visitarán Vilalba na fin de semana do FIV, o festival que inunda de fucsia a capital chairega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019