CRTVG

Buscar

Polémica en Portugal porque nunha aldea deixan fumar os nenos a noite de Reis

Publicado o 09/01/2019 20:18

Polémica en Portugal á conta dunha estraña tradición que lles permite aos cativos fumar durante a noite de Reis.

Sucede só en Vale de Salgueiro, no nordeste do país. Alí, en lugar da cabalgata, os nenos agardan a chegada dun gaiteiro que marca o inicio da festa da Epifanía. Durante as seguintes vinte e catro horas, maiores e pequenos fuman compulsivamente, nun insólito costume.

Ver fumar nenos de ata 3 anos non deixa ninguén indiferente. Este ano, ademais, as imaxes volvéronse virais por todo o país e, de novo, chegan críticas desde todos os recunchos de Portugal para esta aldea, Vale de Salgueiro, situada a 60 quilómetros de Verín, onde, por certo, aínda a estas horas estamos a menos 2 graos.

Aos nenos de aquí permíteselles fumar o 6 e o 7 de xaneiro na chamada Festa de Reis, que nada ten que ver cos nosos Reis Magos, senón que é unha celebración por Santo Estevo, onde lles dan a benvida aos nenos á idade adulta. Semella que hai máis dun século comezara cos adolescentes a fumar representando a emancipación e parece que a idade foi baixando ata ver nenos de idades moi temperás co cigarro na man.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2019