CRTVG

Buscar

Polo menos 17 mortos no incendio dun hotel en Nova Delhi

Publicado o 13/02/2019 14:42

Polo menos 17 persoas morreron e 3 quedaron feridas no incendio dun hotel en Nova Delhi. A maioría dos cuartos estaban ocupados por membros dunha mesma familia que viaxaran á capital india para asistir a unha cerimonia. No hotel durmían 120 hóspedes no momento do incendio, que tardou 4 horas en ser sufocado polos bombeiros. A policía investiga as causas do lume pero de entrada, o establecemento tiña dous andares máis dos permitidos.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019