CRTVG

Buscar

PP e Cs cren que os Presupostos de Sánchez son a "factura" que ten que pagar aos independentistas

Publicado o 12/01/2019 21:17

Desde Valencia, Pablo Casado asegurou que o PP será o partido que "vai parar o plan Torra" e volveu criticar o proxecto de Presupostos xerais do Estado, que cualificou de "ideolóxicos".

Desde Podemos insisten en que farán un seguimento para que se cumpra o acordado e dinlle a Sánchez que sen presupostos terá moi difícil seguir gobernando.

A presidenta de Ciudadanos en Cataluña asegurou que estes presupostos son o intercambio de cromos que Sánchez necesita con Torra para seguir no Goberno.

 Inés Arrimadas engadiu que "estes orzamentos non os cre ninguén, nin Europa" e que as "contas non cadran".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019