CRTVG

Buscar

Preséntase en Madrid o libro 'Ourense, la provincia termal'

Publicado o 12/02/2019 20:24

Unha nova publicación analiza a historia, tradición e vangarda do territorio termal máis importante de Europa. Ourense, la provincia termal, un libro que recolle dous mil anos dunha ferramenta de crecemento socioeconómico e de mellora da calidade de vida, acábao de presentar Manuel Baltar.

O presidente da Deputación de Ourense, diante dun cento de persoeiros de distintos ámbitos, nun acto celebrado no Círculo de Belas Artes en Madrid, subliñou que a provincia ourensá foi a galega que máis incrementou o seu turismo en 2018, tamén grazas a este e outros recursos que o libro presenta didáctica e cientificamente.














 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019