CRTVG

Buscar

Quinta derrota de Cardoso en oito xornadas

Publicado o 12/01/2019 12:43

Cardoso volveu confiar en Fran Beltrán como falso media punta e confioulle a Jozabez o tintimán do equipo...pero se cadra os atrancos chegaron pola febleza defensiva dun equipo que xa leva tres derrotas consecutivas.

A de Vallecas comezou a escribirse no minuto tres, cun lanzamneto de falta de Raúl de Tomás, o xogador do partido.

Tan so dez minutos despois e tras un lanzamento desde o recanto chegaba o remate de Maxi que peta na defensa e dese rexeitamento tira proveito Néstor Araújo para bater a Dimitrieski.

Logo do empate semellaba que o Celta atopaba o seu sitio no campo con Beltrán asociándose con Boufal quen peneira un balón para o lanzamento de Brais que peta na man de Abdulaye Ba.

Maxi lanza a pena máxima, toca Dimitrieski, pero o gol do uruguaio sobe o marcador e coloca os vigueses por diante. A folla de ruta marcada por Cardoso pintaba ben ata que os locais encontraron unha fochanca na banda esquerda da defensa celeste pola que insistir.

Castigando as costas de Juncá para que finalice polo carreiro do 9 Raúl de Tomás. Empate a dous e xogadores a vestiarios.

No reinicio, segunda falta á trabe de Maxi Gómez en dous partidos...e de novo as indecisións defensivas, a falta de contuindencia e as dúabidas. Xa que logo: gol de Raúl de Tomás, o terceiro na súa conta e na do Raio.

Quedaban tres minutos nos que lonxe de se albiscar unha reacción chagou o cuarto dos de Míchel: Bebé bate a Rubén e certifica que nesta campaña o Celta comeza 2019 loitando pola permanencia.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019