CRTVG

Buscar

Quítanlle o uniforme a un traballador morto para ocultar que fora un accidente laboral

Publicado o 12/04/2019 16:54

Imputan por homicidio imprudente 4 empresarios andaluces que intentaron ocultar un accidente laboral mortal quitándolle  o uniforme da empresa ao traballador accidentado.O home non estaba dado de alta na Seguridade social nin recibira a formación necesaria para manexar a maquinaria que lle causou a morte.  Os 4 detidos quedaron en liberdade con cargos. 

O home falecido traballaba nunha empresa gaditana de montaxe de decorados para feiras. A empresa non o tiña dado de alta na Seguridade Social e ademais manexaba unha carretilla elevadora sen a formación necesaria para facelo.

O accidente tivo lugar en xullo do ano pasado. Foi o administrador da empresa e outro traballador os que o acercaron a un centro médico. Antes de chegar quitáronlle o uniforme da empresa. "Cando chegaron alí dixeron que o atoparan porque caera. Todo isto era para tratar de eludir as responsabilidades penais ou administrativas derivadas dun accidente laboral", di Manuel Gonzalez,voceiro da Garda Civil de Cádiz.

Nun primiero momento non se considerou accidente laboral polo que a indemnización e as pensións de viúva e fillos foron moitos menores deixandoos case na indixencia. Posteriormente e tras a denuncia dun familiar un xulgado ordenou reabrir o caso. As investigacións da Garda Civil concluíron entón que os 4 empresarios trataron de ocultar que traballaba para eles .O xuíz que os deixou en liberdade con cargos impútalles os delitos de homicidio imprudente e contra os dereitos dos traballadores.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019