CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Radio Galega Música celebra o Día da Radio cunha programación renovada

Publicado o 13/02/2018 15:29

Hoxe é o Día Internacional da Radio e os nosos compañeiros da Radio Galega ademais de estar de celebración preséntannos unha nova proposta músical. Queren que fixemos o dial para acompañarnos durante todo o día cunha nova programación da Radio Galega Música.

Así soa a nova Radio Galega Música, que neste día estrea novo formato que quere adaptarse aos gustos da audiencia e cada momento do día. E así poderemos escoitar programas de rock, jazz, folck, indie, bandas galegas, electrónica, etc., conducidos polos locutores que máis saben desas músicas.

E todos os días cun renovado 'Estudio 3'. Ricardo Alonso, xenio e figura, con máis forza que nunca, de luns a venres de oito a dez da noite, despois de 22 anos en antena, promete moito rock and roll. E cunha aposta por unha nova relación coa audiencia para poder achegarse ao público máis novo que escoita a radio sen prender o transistor. E tamén nas redes sociais onde os oíntes poden comentar todos estes programas e tamén facer súa esta nova Radio Galega Música achegando propostas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí