CRTVG

Buscar

Recibe a alta a muller de Cangas atacada cun machete pola súa parella

Publicado o 12/02/2019 14:45

A muller agredida cun machete pola súa parella en Cangas o xoves pasado xa foi dada de alta.
A muller evolucionou positivamente e estase a recuperar antes do previsto das graves feridas que sufrira no pescozo e nas costas. Yndy Nakary Correa asegurou que xa fora atacada polo detido no mes de decembro, pero que non o denunciara.

O suposto agresor, Juan Carlos Gómez, leva no cárcere dende o venres, despois de que a xuíza do Xulgado de Instrución Número 3 de Cangas decretara prisión incondicional sen fianza á espera de xuízo. Está acusado dun delito de intento de homicidio e outro de violencia de xénero.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019